VOCES EN FEMININO
Miña nai traballa nunha fábrica de conservas. Un día miña nai díxome: O amor é unha sardiña en lata. ¿Ti sabes como se preparan las conservas en lata? Un día miña nai díxome: o amor é unha obra de arte en lata. Filla, ¿sabes de onde vés? Vés dun viveiro de mexillóns en lata. Detrás, detrás da fábrica, onde podrecen as cunchas e as caixas do peixe. Un fedor imposible, un azul que non vale. De alí vés. ¡Ah!, dixen eu, entón son a filla do mar. Non. És a filla dun día de descanso. ¡Ah!, dixen eu, son a filla da hora do bocadillo. Si, detrás, entre as cousas que non valen.
Luísa Castro