VOCES EN FEMININO

O QUE NÓS SENTIMOS


está para alén das árbores.
Nin a música nos salva nin a terra nos condena. 
Non hai estrela que o escoite 
nin fábula que o transmita. 
Ningunha imaxe nos traduce.

Somos o coro sen a traxedia.
Somos a vida sen a  na r. Non somos a  na r.

Cando o sol sexa un círculo de lume. 
Cando da nosa roupa non se desprendan fíos, 
migas do noso prato, suor do noso  na rzó. 
Cando o universo comprenda 
que conseguiremos detelo 
como  na detonación suspende o aire. 
Cando a nosa sombra se estenda sobre a terra 
igual que un tranvía de chuvia no deserto.

Pertencemos ao mundo 
como as dúas pezas que fan  na tesoura. 
Pertencemos ao tempo 
como  na ovella á man que a corta
 até deixala espida.

Non somos a forza bruta nin as raíces. 
Non somos nin a toupa nin o cóndor.
Somos o desamor, pero somos o sexo.
Somos a fame, pero somos o pan.

Non temos voz para que nola deades.
Non temos corpo para que o abracedes.
Ninguén rompeu os nosos somos
porque nunca soñamos. 
Ninguén pisou a nosa vida
porque nunca tivemos chan.

Chamádeslle violencia a nosa paixón pola verdade.

Non hai ferida sen sangue, nin tempo sen historia.
Pero nós nos batemos
na porta do mundo para entrar.
Nós batemos na porta do mundo
para que non durma. 



María do Cebreiro